CRTVG

Buscar

A Xunta presenta a Estratexia do cambio climático para unha transición ecolóxica gradual

Publicado o 15/11/2019 15:09

Galicia é a comunidade que máis reduce as emisións de CO2, reivindica o presidente da Xunta, que defende que aquí se están facendo os deberes impulsando as renovables e a reciclaxe ou mellorando a xestión da auga.

Feijóo di que temos que cambiar nós e non o clima e convida a concellos, investigadores, sociedade e empresas a traballar xuntos nesta loita para unha transición ecolóxica gradual.

"Queremos que esta loita sume aliados e non xere incertezas. Xa puidemos ver que decisións improvisadas, por exemplo co diésel, están afectando á industria da automoción", afirmou o presidente.

Entre as medidas da Estratexia galega de cambio climático hai deducións para colocar envolventes térmicas nas casas, axudas ás caldeiras de biomasa e incentivos á compra de maquinaria agrícola compartida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019