CRTVG

Buscar

A Xunta presenta a campaña 'Camiña a Galicia' para promocionar o Xacobeo

Publicado o 31/05/2021 16:09

A Xunta acaba de presentar en Vigo a campaña turística coa que promoverá o Camiño a Galicia en España e no mundo a partir de mañá. Como no adianto de decembro, o cantante coruñés Xoel López ponlle a banda sonora ao anuncio, que ten o lema "Camiña a Galicia".

Os primeiros en ver a campaña de promoción deste Xacobeo 2021-2022 foron empresas turísticas. Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do sector, destaca a colaboración entre eles e coa Xunta para aguantar abertos estes meses, con medidas como o bono turístico.

A campaña vai dirixida ao principio a captar turismo nacional e a Xunta agarda que 35 millóns de persoas cheguen a ver este anuncio ata seis veces. Despois lanzarase no mercado internacional. O lema, acaído a este dobre ano santo: "Camiña a Galicia".

Para o presidente da Xunta, ademais de ser unha invitación a "gozar dun destino extraordinario" é unha "manifestación de seguridade. Alberto Núñez Feijóo mantén o obxectivo de repetir o récord de 5 millóns de turistas no 22. 

Noticias web

31/05/2021