CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Xunta prepara unha estratexia para a FP para a próxima década

Publicado o 10/05/2017 14:48



Despois desa sesión de control Feijóo anunciou unha nova estratexia para a formación profesional na visita que fixo ao congreso que reúne en Santiago os mellores proxectos innovadores que se fan nos centros de FP galegos. O presidente destacou que os países coa taxa máis baixa de paro son os que teñen máis titulados en formación profesional.

Galicia xa ten máis rapaces matriculados en FP, comas estes, ca no bacharelato. E oito de cada dez, segundo datos da Xunta, atopa un emprego. Feijóo di que a Formación Profesional é a xoia do sistema educativo e anuncia unha estratexia para guiala na próxima década. Unha estratexia que adecúe as titulacións ás necesidades das empresas galegas, que especialice os centros e que convenza as familias de que a FP facilita, remarca o presidente, a inserción laboral.

Feijóo lembrou que o 60% dos mozos en paro non remataron os estudos e defende que a FP debe ocupar un lugar estrela no pacto educativo para darlle o sitio que merece.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí