A Xunta prepara o inicio do curso nas escolas infantís, das que destaca que "son seguras"
Publicado o 30/08/2021 16:23
O curso escolar, para todos, está cada vez máis preto. As escolas infantís galegas ultiman preparativos para o seu inicio, previsto para o vindeiro luns.
A Xunta deseñou un protocolo de seguridade con novidades. Entre elas, a posibilidade de deixar o carro dentro da escola, que os cativos poidan empregar o calzado que traen da casa ou que poidan coincidir varias unidades estables de convivencia no exterior.
Este ano hai máis de 8.000 nenos de 0 a 3 anos matriculados nas escolas da rede autonómica.