A Xunta aspira a captar 28 millóns de euros de fondos da UE a través de seis proxectos turísticos
Publicado o 27/09/2021 14:40
Galicia, única comunidade en superar os datos turísticos da prepandemia este verán, prepárase para novos retos de futuro neste sector. Seis novos proxectos destinados a fomentar o modelo turístico galego con melloras no litoral, no interior e, en particular, no camiño de Santiago cos que a Xunta pretende captar 28 millóns de euros da UE.
Asegurouno, esta mañá, Alfonso Rueda no acto de conmemoración do Día Mundial do Turismo en Fisterra. Dixo que os bos datos en Galicia son froito do esforzo de ofrecerlle ao visitante un destino seguro e de calidade.