CRTVG

Buscar

A Xunta pon en marcha unha liña de axudas ao sector forestal

Publicado o 07/10/2019 13:56

O sector forestal é un dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo. A cortas anuais superan os 2,9 millóns de metros cúbicos. E se falamos de postos de traballo, son 3.000 directos e 7.000 indirectos. As empresas de transformación están a ser un revulsivo para o desenvolvemento das zonas rurais.

A Xunta acaba de por en marcha unha liña de axudas de 8.5 millóns de euros para mellorar as súas instalacións e renovar os seus equipamentos. Asi o explicaba o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro: "A porcentaxe media de axudas roza o 40 por cento a fondo perdido".

O potencial do sector forestal galego sitúa a nosa comunidade nos postos de saída a nivel nacional e europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019