CRTVG

Buscar

A Xunta poderá expropiar edificios en ruínas en zonas históricas

Publicado o 11/01/2019 09:11

A Xunta poderá expropiar edificios en ruínas en zonas históricas pola metade do seu valor catastral. É unha das novidades do proxecto de lei de rehabilitación que acaba de aprobar o Consello da Xunta e agora pasará ao Parlamento.

A expropación sería o último recurso para impedir que os edificios históricos acaben en ruínas e aplicaríase cando o propietario non actúe despois de recibir varios avisos. A lei tamén contempla que se axilicen os trámites para a rehabilitación, ademais de nas zonas históricas, nos núcleos rurais e nos camiños de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019