CRTVG

Buscar

A Xunta, pioneira nas axudas complementarias ao bono eléctrico aos máis vulnerables

Publicado o 11/07/2018 15:04

Xa está aberto o prazo de solicitudes das axudas complementarias ao bono social do Estado. Galicia convértese así na comunidade pioneira en aplicar estas axudas no sector eléctrico.

Hoxe tivo lugar a firma do acordo entre as 6 principais comercializadoras e a Xunta grazas ao cal os consumidores con máis dificultades poderán aforrar ata un 50 por cento na súa factura eléctrica. Os máis vulnerables e en risco de exclusión social poderán tamén evitar os cortes de subministración eléctrica nos seus fogares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018