A Xunta pídelle por carta a Fomento que intente frear a suba de peaxes na AP-9
A conselleira de Infraestruturas asina unha carta para o secretario de Estado Pedro Saura en que lle pide medidas concretas para frear a nova suba das tarifas prevista na AP-9.
Por un lado, que asuma Fomento a compensación á empresa polas obras de ampliación, máis de 200 millóns, e, polo tanto, que se revise o decreto que contempla unha suba nas peaxes dun 1% durante 20 anos para financiar eses traballos.
E por outro lado que estuden novas bonificacións doutro 25% para todos os usuarios que realicen traxectos de ida e volta no mesmo día.
Solicitan unha reunión urxente con Fomento para analizar estas propostas e ante a inminente suba das peaxes dentro de quince días, co 2020.
Compara a situación de Galicia coa de outras comunidades como Andalucía, Cataluña ou Valencia, que teñen vías que pronto deixarán de ser de pago para o usuario.