A Xunta pídelles ás tres deputacións do PSdeG que colaboren na creación dun fondo para a hostalería
Publicado o 19/01/2021 15:32
Dende a Xunta, pídenlles ás tres deputacións gobernadas polo PSOE que colaboren na creación dun fondo conxunto para a hostalería.
O vicepresidente Alfonso Rueda recórdalles que a iniciativa partiu do propio sector, que necesita as axudas xa. Segundo Rueda, "hai que deixarse de liortas, poñerse de acordo e ver se se quere facer. A Xunta de Galicia quéreo facer. Eu agardo que no Partido Socialista se poñan de acordo entre eles, digan canto antes que si e nos poñamos a traballar".