A Xunta pídelle ao Goberno unha revisión do convenio con Audasa
Publicado o 13/12/2019 14:53
A Xunta urxe o Ministerio de Fomento a convocar a comisión de seguimento da AP-9 antes de autorizar unha nova suba das peaxes. A conselleira de Infraestruturas sinala que o Goberno central aplica unha política de peaxes desigual que prexudica a Galicia.
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Unha solicitude que consiste en evitar esa escaladade prezos e revisar o convenio asinado con Audasa e o Estado no 2011, que supón pagar 1.400 millóns por unhas obras de 230 millóns e, polo tanto, o negocio do século de Audasa que hai que revisar e mudar".