CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno un diálogo aberto para mellorar o clima de negocios

Publicado o 22/07/2021 15:20

A Xunta pide un diálogo aberto co Estado para negociar asuntos tan importantes como os fondos europeos. O vicepresidente económico participou na Conferencia Sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios. O obxectivo é crear un marco favorable para a actividade empresarial e para a captación de investimentos. Francisco Conde dixo que o Goberno debe fixar mecanismos de cooperación efectiva coas autonomías.

Noticias web

22/07/2021