CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno que extreme a vixilancia no transporte público

Publicado o 02/04/2020 15:16

A Xunta pídelle á delegación do Goberno que extreme a vixilancia no transporte público de viaxeiros Faino despois de recibir varias queixas de usuarios que denuncian o incumprimento da limitación de aforo en autobuses, fundamentalmente nas áreas da Coruña e de Vigo e nos desprazamentos a hospitais. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade reclama reforzar o control das forzas de seguridade, para evitar riscos para a saúde.
 

Noticias web

02/04/2020