A Xunta pídelle ao Goberno que aclare a posible peaxe das autovías
Publicado o 16/08/2019 15:25
O goberno galego pídelle ao executivo central que aclare a posible aplicación dunha peaxe simbólica nas autovías que agora son gratuitas. O vicepresidente, Alfonso Rueda, esixe que se poña a proposta sobre a mesa para poder valorala.
O executivo autonómico tamén responde ás críticas dos alcaldes que se opoñen á Lei de Acción Exterior, que lle permitirá á Xunta examinar as subvencións municipais ás compañías aéreas. Alfonso Rueda explica que os concellos seguirán tendo liberdade para outorgar as axudas.
Nega que se trate dunha inxerencia da Xunta na xestión das administracións locais, e di que o único obxectivo é comprobar que se cumpre a normativa europea.