A Xunta pídelle ao Goberno máis efectivos para a Policía Autonómica
Publicado o 01/09/2021 15:14
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pídelle ao Ministerio do Interior que poña máis efectivos da Policía Autonómica. O vicepresidente defende que son claves nas tarefas de loita contra os furtivos.
Rueda dixo que agora mesmo hai 370 axentes, cando deberían ser 500. O vicepresidente e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, embarcaron este mediodía na dársena de Oza na patrulleira Punta Seixo Branco, a última en incorporarse ao Servizo de Gardacostas para realizar tarefas de vixilancia pesqueira.
A conselleira do Mar insistiu na necesidade da implicación de toda a sociedade para acabar con este problema.