CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno eliminar a taxa de reposición en sanidade e servizos sociais

Publicado o 25/05/2020 20:55
A Xunta pídelle ao Goberno eliminar a taxa de reposición en sanidade e servizos sociais

Galicia pídelle ao Goberno central que elimine a taxa de reposición na sanidade e nos sevizos sociais. A Xunta calcula que así, só na sanidade, podería ofrecer este ano 3.500 empregos. 

Foi na reunión bilateral que o conselleiro de Facenda mantivo coa ministra de Administracións Púbicas en que abordaron a desescalada dos funcionarios e tamén os plans de estabilización do emprego público.

Valeriano Martínez aproveitou para reclamarlle a Carolina Darias o pagamento do IVE de 2017 e a devolución dos 100 millóns das políticas de emprego que, dixo o conselleiro, o Goberno central lle requisou a Galicia.

Noticias web

25/05/2020