CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao goberno central unha garantía de prezos xustos para o agro

Publicado o 12/02/2020 21:16

Reunión en Madrid do goberno central cos responsables de agricultura das comunidades autónomas. Buscan solucións ás demandas dos agricultores e gandeiros. Repártense competencias nesta materia. Conciden en moitos puntos, como a necesidade de manter os fondos europeos. Algunhas respostas son estruturais e levarán tempo. Outras precisan máis urxencias. O conselleiro do Medio Rural reclámalle ao goberno incentivos fiscais e que os prezos se fixen a partir dos custos de produción e unha marxe de beneficios.

"Non queremos que baixen máis, que se prohiba a venda a perdas, pero iso require unha modificación legal no Estado, e nós o que lle pedimos hoxe ao ministro é que apure o máximo posible", aseguraba o conselleiro de Medio Rural da Xunta, José González. 

"Estamos traballando, e agardo darlles noticias nas próximas semanas en relación coa reforma da Lei de cadea alimentaria", afirmou o ministro Luis Planas.

O ministerio anima as comunidades autonómas a que destinen os fondos europeos a potenciar a integración de cooperativas. Asegura que con maior tamaño medrará a súa capacidade para acadar contratos de venda maís rendibles coa industria e as distribuidoras.

Noticias web

12/02/2020