CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno central unha fórmula para que os concellos accedan directamente aos seus aforros

Publicado o 13/08/2020 14:56

O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda aseguroulles aos xornalistas que "hai moitos alcaldes socialistas en Galicia que, en privado ou algún publicamente, están dicindo que [a proposta do Goberno central] non é unha boa proposta, non é o mellor dos acordos para os concellos".

Rueda salientou tamén que onte o presidente do Goberno recoñeceu que había que negociar máis, así que debe "cambiar cousas se se quere que se aprobe".

Noticias web

13/08/2020