CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno central colaborar nas obras de saneamento

Publicado o 14/01/2020 21:10
A Xunta pídelle ao Goberno central colaborar nas obras de saneamento

A Xunta proponlle ao Goberno un acordo de colaboración para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para Galicia.

O Goberno galego propón que esas obras sexan cofinanciadas. A Xunta achegaría fondos propios e o Goberno colaboraría con fondos europeos.

Foi nunha xuntanza de traballo entre a conselleira de Infraestruturas e o secretario de Estado de Medio Ambiente. No encontro, ademais, a conselleira de Infraestruturas pediu que o abstecemento de auga de Vigo sexa declarado de Interese Xeral do Estado, o que supón que tería plenas garantías de financiamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020