A Xunta pídelle ao Goberno axilidade na tramitación das axudas a empresas
Publicado o 30/03/2021 17:27
En Galicia, seguen os contactos entre a Xunta e os autonónomos e microempresas para avanzar no terceiro plan de rescate, que se vai financiar cos fondos que achegue o Estado. Hoxe a conselleira de Emprego e Igualdade mantivo un novo encontro con autónomos. Están preocupados polo atraso na chegada deses cartos. A Xunta pídelle ao Goberno menos burocracia para axilizar a tramitación das axudas.