CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle ao Goberno que rectifique a súa política enerxética

Publicado o 22/09/2021 16:33

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, fala de desmantelamento industrial e reclámalle ao Goberno que rectifique a súa política enerxética, que, di, non responde ás necesidades das empresas galegas. Conde esíxelle ao Executivo que se implique na busca de solucións para manter os postos de traballo. 

"Primeiro nas Somozas, hoxe en Viveiro, estamos atravesando unha situación que é inxusta, que Galicia non merece, e por iso imos pedirlle ao Goberno que rectifique a súa política enerxética e que se implique na busca de solucións para manter o emprego".

Noticias web

22/09/2021