A Xunta pídelle ao Concello que non reduza a súa achega para o Marisquiño
Publicado o 01/03/2021 14:16
A Xunta de Galicia insta o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra a que manteñan a achega prevista para o Marisquiño. Non entenden que rebaixen a súa achega nun 70 % este ano, cando a Xunta xa se comprometeu a incrementala para evitar que suspendan a celebración deste evento na cidade.