CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Red Eléctrica investimentos en Galicia

Publicado o 06/06/2019 15:53

A Xunta pídelle a Red Eléctrica de España unha nova subestación para Vigo e equipamentos para completar a electrificación do trazado do AVE. Estas son algunhas das demandas que lle van presentar para que o Goberno as inclúa na planificación da rede de transporte de enerxía para os próximos anos

Entre as obras que a Xunta considera prioritarias está facer unha nova subestación en Vigo para atender o aumento de demanda prevista na cidade e reducir os custos de produción de PSA e demais empresas. Unha infraestrutura que estaba comprometida para o ano que vén.

O Goberno galego tamén reclama liñas de evacuación para dar saída aos 9.000 megawatts de enerxía eléctrica aos que se prevé chegar cos novos parques eólicos. Outra das peticións é facer as subestacións e repotenciacións de liñas imprescindibles para a chegada do AVE a Galicia. 

Feijóo di que as medidas que propoñen enmárcanse na loita contra o cambio climático e no impulso da economía verde.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019