CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Fomento que asuma a titularidade da AG-55 entre A Coruña e Arteixo

Publicado o 22/10/2019 15:38

A Xunta de Galicia pídelle ao Ministerio de Fomento que asuma a titularidade da autovía AG-55 no treito entre A Coruña e Arteixo, e que se elimine o cobro da peaxe para darlle acceso ao porto exterior de Lagosteira. Consideran que esta alternativa, que tamén apoia o Concello de Arteixo, é máis beneficiosa para toda a área metropolitana que a construción da nova vía que proxecta Fomento, máis custosa e con maior impacto ambiental.

Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo. "Con sentido común, que pense o Ministerio para que facer unha obra nova con afeccións por todos lados cando podes poñer en valor unha obra que a día de hoxe está con moi pouco uso e que resolvería non só o acceso ao porto exterior, senón tamén problemas de mobilidade da área metropolitana".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019