CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Costas o peche cautelar de varias zonas da praia das Catedrais

Publicado o 16/05/2018 20:08

A Xunta solicítalle a Costas que peche provisionalmente o acceso a algunhas partes da praia das Catedrais. A Consellería de Medio Ambiente pídelle que impida cautelarmente o acceso do público ás covas, ás furnas, aos arcos e aos corredores das Catedrais. Deste xeito, queren garantir a seguridade das persoas que visiten o monumento natural. A petición baséase nun estudo da Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia, realizado despois do accidente mortal ocorrido o pasado mes de marzo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018