CRTVG

Buscar

A Xunta pídelle a Alcoa que paralice o ERE

Publicado o 31/07/2020 14:20

A oferta do grupo metalúrxico inglés Liberty House para facerse co complexo de Alcoa en San Cibrao abre un novo escenario no conflito laboral que afecta a esta fábrica. Os traballadores pidenlle a Alcoa que deixe libre o paso. Consideran que a oferta que plantexa o grupo inglés da viabilidade a planta. 

"Trae unha idea moi clara de facerse con todo o complexo e facer un proxecto integral do aluminio. Eles non teñen planta para abastecerse a sí mesmo e co 1.600.000 toneladas que producimos nos abasteceríamos a todo o grupo", explica José Antonio Zan, presidente do comité de empresa.

Ante este novo escenario a Xunta a través da autoridade laboral requiriralle a Alcoa a paralización do ERE que afecta a máis de 500 traballadores. Reclamanlle o goberno transparencia e que regule o prezo enerxético.

"Non podemos admitir que haxa un acordo encuberto entre o goberno e Alcoa para pechar a planta. A Xunta non o admitirá e o que esperamos e que o goberno presente na mesa industrial toda a información sobre as diferentes ofertas que se lle ten trasladado", manifestou Francisco Conde, conselleiro de Industria.

Os traballadores insisten na intervención temporal da fábrica por parte do Estado mentres non se resolve o proceso de venda.

Noticias web

31/07/2020