CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos poderían perder a metade dos pasaxeiros coa chegada da alta velocidade

Publicado o 09/06/2021 15:08

Os aeroportos galegos perderán previsiblemente a metade dos seus pasaxeiros coa chegada da alta velocidade. A Xunta pediulle en varias ocasións a AENA un plan de viabilidade para as tres terminais galegas, co obxectivo de minimizar o impacto deste transvasamento de viaxeiros.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade: "Volvemos demandar ese estudo para que o sistema aeroportuario galego estea preparado e siga ofrecendo un servizo de calidade. Debe convivir coa alta velocidade en Galicia".

 

Noticias web

09/06/2021