CRTVG

Buscar

A Xunta pide facer unha selectividade única en toda España e equiparar o nivel

Publicado o 06/06/2019 08:15

As probas da ABAU que se están facendo neste mes de xuño en toda España poden ser máis ou menos doadas dependendo de onde se faga o exame. Unha situación que desde a Xunta de Galicia consideran inxusta e que, aseguran, prexudica o alumnado galego. A solución que propoñen é unha selectividade única, que equipare o nivel de dificultade das probas.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "Cremos que é un agravio comparativo que uns rapaces teñan máis facilidade ca outros nos exames de selectividade. E, ademais, isto leva a que as prazas das facultades con maior nota de corte se ocupen con rapaces doutras comunidades autónomas".

O Goberno central rexeita a proposta de facer exames exactos en todas as comunidades, pero din que o debate está aberto.

Ángeles Heras, secretaria de Estado de Universidades: "Agora mesmo, cun Goberno en funcións, con ministerios por formar e con comunidades autónomas por formar moitos gobernos, o único que podo dicir é que está enriba da mesa".

A ministra de Educación en funcións anunciou este mércores a creación dun grupo técnico de traballo para corrixir as incidendias que xurdan, despois da denuncia que presentaron milleiros de estudantes en Valencia pola dificultade do exame de matemáticas.

"Aínda que non nos cambien o exame nin o impugnen, polo menos que saiban que estamos en desconformidade con que en toda España non haxa o mesmo nivel", di un estudante.

Os estudantes valencianos xa levan recollidas 25.000 sinaturas.

Noticias web

06/06/2019