CRTVG

Buscar

A Xunta pide que se analice o cesamento da actividade do marisqueo

Publicado o 15/04/2020 16:04

Bruxelas incluirá o marisqueo e as empresas de transformación nas axudas do Fondo Marítimo e de Pesca.

As institucións europeas aceptaron as emendas dos eurodeputados do PP Gabriel Mato e Millán Mon para mellorar a proposta inicial. Dende a Xunta felicítanse pola decisión, pero a conselleira do Mar segue insistindo en que o Goberno central debe analizar a exclusión do marisqueo das actividades esenciais, pola dificultade para traballar con seguridade e polos problemas de comercialización. Así o expuxo nunha carta ao Ministerio de Sanidade.

Noticias web

15/04/2020