CRTVG

Buscar

A Xunta pide que o Goberno teña en conta a súa proposta para acometer a rebaixa das peaxes da AP-9

Publicado o 24/03/2021 16:49

O Goberno e Audasa ultiman o acordo para bonificar as viaxes dos usuarios frecuentes da AP-9. Un grupo de expertos estuda como compensar a concesionaria polas rebaixas e a perda de ingresos. As bonificacións poderían comezar a aplicarse no segundo semestre deste ano.

Sobre a mesa, a gratuidade na viaxe de volta, desconto na ida para usuarios superrecorrentes e rebaixas a vehículos pesados. O Goberno galego di que non hai que estudar o que xa está estudado, e insta o Executivo central a ter en conta a súa proposta.

Noticias web

24/03/2021