CRTVG

Buscar

A Xunta pide que a ministra de Industria explique o contido do estatuto para as empresas electrointensivas e que axilice a súa aprobación

Publicado o 21/08/2019 15:12

Traballadores de Alcoa en Cervo reúnense hoxe en Madrid co novo presidente da empresa coa intención de reverter a paralización parcial da produción de aluminio na planta. A ministra de Industria visitará proximamente a factoría da Mariña, segundo confirmou o comité de empresa. O director xeral de Enerxía cre que será unha "oportunidade magnífica para que a ministra nos comente cal vai ser o contido dese estatuto do consumidor electrointensivo que está anunciado desde hai máis de cinco meses e non termina de chegar"

Noticias web

21/08/2019