CRTVG

Buscar

A Xunta pide liberdade para xestionar a poboación de lobos en Galicia

Publicado o 08/02/2021 17:21
A Xunta pide liberdade para xestionar a poboación de lobos en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente pediulle ao executivo central que deixe á Xunta xestionar a poboación de lobos en Galicia.
Ángeles Vázquez afirma que en Galicia existen xa mandas importantes, pero di que hai que actuar cando medra a poboación, e se intensifican os ataques. Da mesma opinión é o ministro de Agricultura, que considera que o nivel de protección para o lobo, empregado ata agora é suficiente; e expresou a súa disconformidade co criterio do departamento de Transición Ecolóxica. O ano pasado o lobo matou máis de 20.000 cabezas de gando en Galicia.
 

Noticias web

08/02/2021