CRTVG

Buscar

A Xunta abre unha investigación para determinar se o Fuenlabrada incumpriu os protocolos

Publicado o 21/07/2020 21:41

O vicepresidente da Xunta en funcións anuncia tamén que o Goberno galego lle vai pedir explicacións á Liga e á Federación Española de Fútol E xa abriu unha investigación para coñecer se o Fuenlabrada viaxou á Coruña sabendo que tiña positivos entre os membros da expedición.

"Non fallaron os controis no punto de vista da Xunta de Galicia. Cando chegan a Galicia detéctase e a Xunta de Galicia está actuando con total celeridade e con total rigor que ninguén teña dúbidas. O que podo dicir no nome da Xunta de Galicia é que se fallaron os controis anteriores iso é o que hai que ver. Imos pedir información e por iso reclamamos esa coordinación a nivel nacional pra que non haxa que estar solucionando sempre os problemas a posteriori", di Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta en funcións.

Noticias web

21/07/2020