A Xunta pide ampliar os ERTE no turismo ata Semana Santa e que os gastos turísticos desgraven na declaración da renda
Publicado o 23/09/2020 15:07
Sobre a continuidade dos ERTE falou o vicepresidente da Xunta no Parlamento. Alfonso Rueda pediulle ao Goberno central que os manteña no sector do turismo ata a Semana Santa. Tamén demandou baixar o IVE para o turismo, polo menos mentres que se manteña a situación actual, e que se poidan desgravar os gastos turísticos na declaración da renda do 2020.