CRTVG

Buscar

A Xunta pide aclaracións sobre o sector forestal

Publicado o 02/04/2020 15:19

A Xunta pídelle ao Goberno central que aclare se o sector forestal pode seguir traballando durante o estado de alarma.

O consellerio de Medio Rural fixo esta consulta ao considerar que no último real decreto non se especifica se as actividades deste sector produtivo son esenciais. Esta mesma mañá, José González mantivo unha xuntanza telemática con representantes do sector para escoitar as súas demandas e garantir a seguridade dos traballadores forestais durante o período de emerxencia sanitaria.

Noticias web

02/04/2020