CRTVG

Buscar

A Xunta pide a retirada da reforma da Lei de costas

Publicado o 29/07/2020 16:05

A Xunta pide ao Goberno central que retire da Lei de cambio climático o artigo que se refire á modificación da Lei de costas.

Desde os anos 70 este viveiro situado no concello da Guarda desenvolve a súa actividade a carón do mar. Agora están preocupados e consideran inviable o cambio de colocación que contempla a modificación da Lei de costas que propón o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

A titular de Mar en funcións pídelle ao executivo central que rectifique e retire esta reforma que pon en rico máis dun centenar de empresas do sector en Galicia. 

A Xunta demanda unha normativa que teña en conta a viabilidade das industrias relacionadas co mar e que lles proporcione a seguridade xurídica.

 

Noticias web

29/07/2020

Máis sobre actualidade