CRTVG

Buscar

A Xunta permitirá instalar chiringuitos todo o ano

Publicado o 19/07/2019 08:34
A Xunta permitirá instalar chiringuitos todo o ano

O Goberno galego permitirá instalar chiringuitos fixos e permanentes, durante todos os días do ano. A súa necesidade deberá estar acreditada, e tamén deberán cumprir certos criterios en canto a materiais, cores e volume. Deberán estar a cen metros da liña de costa.

Ademais, sobre os temporais, poderán estar abertos entre o 1 de maio e o 31 de outubro, ademais da Semana Santa, e poderán solicitar a licenza para catro tempadas. O Goberno galego advirte de que será contundente na adaptación das instalacións á contorna en que se sitúen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019