CRTVG

Buscar

A Xunta permite de novo a queima de restrollos desde este mércores

Publicado o 08/04/2019 22:14

A queima de restos agrícolas volverá estar permitida a partir deste mércores. A mellora das condicións meteorolóxicas levou a Consellería do Medio Rural a levantar a prohibición e conceder de novos os permisos, que se poderán solicitar a través da súa web ou no teléfono 012. 

Tras quince días de prohibición, a partir deste mércores poderanse queimar os restos agrícolas ou forestais. Posto que as condicións meteorolóxicas así o permiten, Medio Rural tramitará dende este luns os permisos para as queimas. As autorizacións poderanse solicitar no teléfono 012 ou ben a través da web da consellería.

"Nós aí recortamos as maceiras, ou silvas ou cousas desas e despois queimas. E pides permiso primeiro, claro", sinala un veciño de Guntín. 

José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo: "Saben que estas queimas estaban suspendidas pola meteoroloxía. Agora parece que volve chover e pódense volver realizar. Para as queimas menores, débense comunicar dous días antes. Para queimar restos de monte, unha semana antes".

En calquera caso, as autorizacións deixarán de ter validez os días que haxa moito vento ou altas temperaturas.

Noticias web

08/04/2019