CRTVG

Buscar

A Xunta pecha os ximnasios e o deporte só se pode facer ao aire libre e con máscara

Publicado o 25/01/2021 15:11

O presidente da Xunta anunciou o peche de todas as instalacións deportivas pechadas e só se poderá facer deporte ao aire libre e con máscara, aínda que se respecten as distancias de dous metros. 

Ata o 18 de febreiro prolongaranse estas restricións que non afectan as competicións de carácter nacional e internacional. Manterase a actividade dos equipos galegos que xoguen este tipo de competicións pero non poderán ter público nos seus eventos. Todos os partidos pasarán a ser a porta pechada. 

Noticias web

25/01/2021