CRTVG

Buscar

A Xunta obrigará a instalar cambiadores de bebés nos baños dos homes

Publicado o 26/03/2019 00:11

Cando se está nun espazo público e hai que mudarlle o cueiro a un meniño, hai que ir aos aseos de mulleres porque é alí onde adoitan están instalados os cambiadores. Nos baños masculinos non hai, así que os pais teñen que apañarse doutro xeito.

Esta situación ten os días contados en Galicia. A Xunta vai poñer en marcha unha medida pioneira. Obrigará por lei a instalar cambiadores nos baños públicos de homes. Terán que facelo todos, tanto se a titular do espazo é a administración como se é privado.

Os lugares de uso público novos, terán que construílos incluíndo os cambiadores. Para os que xa están feitos haberá axuda.

"Unha vez que entre en vigor esta lei, imos poñer en marcha distintas ordes de axuda para facilitar a todos os locais que son antigos, que xa estaban feitos, que poidan poñer en marcha estas novas medidas que a Xunta de Galicia implantará coa lei", di Fabiola García, conselleira de Política Social.

 Pais e nais ven con bos ollos calquera medida que fomente a igualdade.

A iniciativa forma parte da la Lei de impulso demográfico que se coñecerá nas próximas semanas. Outra das medidas que incluirá a norma afecta as prazas de aparcamento dos edificios de uso público. Terán que ter un número de prazas reservadas ás familias con fillos. Hai centros comerciais que xa as teñen.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019