CRTVG

Buscar

A Xunta, o concello da Coruña e a Autoridade Portuaria avanzan no futuro da súa fachada marítima

Publicado o 27/08/2021 15:25

Na Coruña hoxe avanzaron no futuro do seu bordo litoral. Hai acordo entre a Xunta de Galicia, o Concello e a Autoridade Portuaria para comprar os peiraos de Calvo Sotelo e Batería, os primeiros que quedarán libres de uso portuario. O 75 % dese solo será municipal; o 20 %, de titularidade autonómica, e o 5 %, restante para utilización portuaria. Queda pendente a repartición dos custos de urbanización desa nova parte da cidade, que a Xunta recomenda financiar con fondos europeos.

Noticias web

27/08/2021