CRTVG

Buscar

A Xunta nega "veto" aos veciños de Ons e propón un "transvasamento" da cota que os beneficie

Publicado o 10/09/2019 21:28
A Xunta nega "veto" aos veciños de Ons e propón un "transvasamento" da cota que os beneficie

Moitos veciños que viven nas illas Ons quéixanse do sistema de acceso limitado a ese parque nacional. No Parlamento, a conselleira de Medio Ambiente falou cos grupos de tentar buscar unha solución.

As illas Ons son parque nacional e teñen un acceso restrinxido, como os 15 parques deste tipo que hai en España. Así o explicou Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural. Hai unha cota para visitantes e outra para os veciños que viven alí. A conselleira asegurou que eles son o primeiro, e que se a cota é escaso, buscaranse fórmulas para ampliala.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, negou que exista "ningún tipo de veto por parte da Xunta aos veciños de Ons", pero afirmou que a cota (fixada en 1.300 persoas) é "indiscutible e irrenunciable" no seu número, aínda que formulou a posibilidade dun "transvasamento" que reduza o dato de visitantes en beneficio do de residentes.

Así o dixo nunha comparecencia a petición propia, tamén solicitada polos grupos de Común da Esquerda, BNG e mixto, no pleno do Parlamento, a cuxas portas un grupo de veciños protestou porque "parece" que a Xunta os quere "botar" da illa, en declaracións a Europa Press do veciño Antonio Caamaño.