CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Xunta nega parálise dos proxectos do barrio da Residencia en Lugo e o PSdeG pide a comparecencia de Feijóo

Publicado o 14/09/2018 14:51

A Xunta de Galicia asegura que mantén en marcha os seus proxectos para o barrio lugués da Residencia.

De feito, a conselleira Ethel Vázquez lembrou que seguen os trámites para construír o centro integral de sanidade e a nova oficina de emprego nos terreos que ocupaba o antigo hospital de Lugo. Hoxe a alcaldesa, Lara Méndez, e outros cargos socialistas anunciaron que van pedir a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento para que explique por que paralizou o cambio de uso do antigo hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí