CRTVG

Buscar

A Xunta mobilizou 1.100 millóns de euros en obras de abastecemento de auga e saneamento

Publicado o 11/06/2019 14:21

Galicia acadou en dez anos capacidade para depurar as augas de 3,3 millóns de habitantes.
Destacouno esta mañá na cámara galega a conselleira de Infraestruturas durante unha comparecencia para informar da xestión do ciclo integral da auga.

Ethel Vázquez dixo que dende o 2009 a Xunta mobilizou 1.100 millóns de euros en obras de abastecmento e saneamento e salientou a necesidade de que concellos e deputacións colaboren na explotación dos sistemas de depuración.

Tamén anunciou que nas próximas semanas o Goberno galego aprobará unha lei de garantía de abastecemento para axilizar a resposta en períodos de seca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019