A Xunta mobiliza nove millóns para impulsar o uso da madeira en proxectos construtivos
Publicado o 08/07/2020 15:15
A Xunta mobiliza nove millóns de euros para impulsar o uso da madeira en 170 proxectos construtivos.
O conselleiro de Economía aproveitou a visita a Lugomadera para lembrar a existencia destas axudas destinadas a particulares, autónomos e empresas.
As axudas cobren o 80% do investimento ata un máximo de 25.600 euros.
Francisco Conde destacou a importancia das mesmas para poñer en valor o sector forestal.