CRTVG

Buscar

A Xunta mobiliza máis de 2,5 millóns para modernizar as instalacións de lonxas e portos

Publicado o 02/08/2021 14:29

As lonxas e os portos galegos presentaron este ano 55 proxectos para modernizar as súas infraestruturas Farano coas axudas da Xunta, que superan os dous millóns e medio de euros nesta convocatoria.

Explicouno a Conselleira do Mar na visita a un dos proxectos, que xa está funcionando na lonxa de Ribeira: unha máquina de lavado de caixas. A condición para recibir as subvencións é que as iniciativas melloren a eficiencia enerxética, o respecto ao medio ambiente ou a seguridade laboral.


 

Noticias web

02/08/2021