A Xunta mobiliza 11 millóns para mellorar instalacións e recursos na hostalería
Publicado o 06/05/2021 15:02
Mentres non se normaliza por completo a situación, a Xunta segue a dar axudas á hostalería. Preparan o terceiro plan de rescate e amplíaron ata os 11 millóns as subvencións para mellorar a seguridade sanitaria dos locais. Por exemplo, para ampliar terrazas, cambiar mobiliario ou mercar envases de envío a domicilio.
O vicepresidente da Xunta visitou en Sanxenxo un dos restaurantes beneficiado por estas partidas e fixo balance.