A Xunta manterá as oposicións en Educación se o estado de alarma non se prorroga máis alá do 11 de abril
Publicado o 31/03/2020 19:26

Moitos aspirantes a profesores están pendentes de se este ano vai haber ou non oposicións. Pois ben, hoxe soubemos que en Galicia, se o estado de alarma non se prorroga máis alá do 11 de abril, a Consellería de Educación pretende manter a convocatoria deste ano. Así llo transmitiron á ministra do ramo, que pulsou a opinión das comunidades autónomas. Agora só queda esperar.