CRTVG

Buscar

A Xunta mantén a data de reapertura do ocio nocturno no 1 de xullo

Publicado o 28/06/2021 15:21

Sergio ultima os detalles para volver a abrir o seu pub este mesmo xoves. Quere ser cauteloso e prefire ir aos poucos: "Como primeiro paso, imos abrir con mesas e sentados. Temos unha ocupación de 49 perosas coa redución do 50 %, pero aínda así imos facelo con mesas altas e taburetes para que a xente teña unha distancia adecuada", di. 

O sector do ocio nocturno teme que os últimos gromos obriguen a dar pasos atrás na desescalada.

Sergio Fernandez, directivo da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, asegura que teñen medo de que "ao final os que cumprimos as normas imos ser os que paguemos".

Pídenlle á sociedade, sobre todos aos máis novos, que cumpran as normas.

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, fai un chamamento a curmprir "os protocolos hixiénico-sanitarios para que non haxa unha volta atrás".

Dende a Xunta comparten esa chamada á responsabilidade e aseguran que a día de hoxe a data de reapertura se mantén tal e como estaba previsto, no 1 de xullo.

Afonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, explica que "o ocio nocturno foi responsable mentres estuvo pechado, tamén na proba piloto  e vaino ser cando abra. Ese non é o problema, o problema é a xente que pensa que o virus non vai con eles".

En Galicia, a policía e a Garda Civil seguirán controlando os botellóns e as festas ilegais e imporán as sancións correspondentes.

Noticias web

28/06/2021