CRTVG

Buscar

A Xunta limita a 48 horas o tempo máximo das caravanas en zonas de tránsito

Publicado o 01/09/2019 15:14

Os que optan por lanzarse á estrada en caravana ou autocaravana que saiban que só poderan pasar dúas noites seguidas nas zonas de tránsito habilitadas polos concellos. O novo decreto que prepara a Xunta establece que se superan ese tempo só poderán estacionar en establecementos turísticos.

Esta do Milladoiro, preto de Santiago, é un das 25 zonas de tránsito para caravanas e autocaravas que hai en Galicia. O decreto que prepara a Xunta pretende establecer unhas normas comúns para todas elas e limitar a 48 horas o tempo máximo de tránsito

Ata o momento, o estacionamento de caravanas e autocaravanas é unha competencia regulada por cada concello. O decreto da Xunta non establecerá se os lugares de tránsito deben cobrarlles ou non, pero a partir de 48 horas só poderan estacionar en cámpings.

Este novo decreto que regulará o estacionamento de caravanas e autocaravanas estará rematado a finais de setembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019